TEATRO | 2,50€ | ENTRADA LIVRE DE UM ACOMPANHANTE ADULTO POR CRIANÇA
PASSE GERAL SÓ(R)RIR | 1.ª PLATEIA 28€ | 2.ª PLATEIA 23€ | [ENTRADA DE UM ADULTO C/ UMA CRIANÇA POR PASSE]
GOLULÁ
[site oficial] [vídeo#1] [vídeo#2]
Direcção: Andrea Bayer
Direcção artística: Santiago Alonso
Interpretação e manipulação: Andrea Bayer, Chisco Casteleiro, Santiago Alonso, Óscar Ferreira, Raquel Queizás.
Figurinos: Mª Teresa Lloves
Música: Elena Paz e Xosé Liz
Marionetas e cenografia: Galitoon
Luz e Som: Dani Abalo
- Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na 10ª Feria de Teatro de Castilla y León (Ciudad Rodrigo 2007)
- Espectáculo mellor valorado polo público infantil na 9ª edición de Domingos do Principal (Pontevedra 2008)
- Premio do Xurado ao Mellor Espectáculo Innovador na 24ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (Ribadavia 2008)
Golulá é un espectáculo para o público infantil producido e realizado por Galitoon Productions que impresionará dende o principio pola maxia e fantasía dos seus personaxes. Da súa man viaxaremos a un mundo misterioso e marabilloso. Golulá é un alegato á fantasía conseguida a través de diferentes ténicas (poppets, body-poppets e teatrino con luz negra), o ritmo e a musicalidade estarán presentes ó longo do espectáculo.
Golulá é un país onde todo pode ser posible: a risa, o medo, a intriga, a amizade, a aventura, a loita cos nosos pecados capitais, as tentacións…
Golulá transmite valores éticos e positivos que promoven o respecto, a tolerancia e a solidariedade, conta coa estructura dun conto que espertará nos nenos/as e nos que non son tan nenos o espíritu de aventura e de bondade que todos levamos dentro.
SINOPSE:
Había unha vez un país, o seu nome: Golulá. A diferencia de outros países, en Golulá as persoas eran todas diferentes, de diferentes especies, de diferentes formas, de diferentes cores, incluso as persoas falaban en idiomas distintos, pero aínda así todos se entendían.
O máis curioso de Golulá é que só tiña unha nube, unha e ningunha máis. Os habitantes de Golulá tiñan medo a perdela e por iso, un gardián moi especial coidaba dela (Bunkaa, un gorila grande , forte e de gran corazón). Neste país tamén vivía Lara a mellor amiga de Bunkaa (unha nena aventureira, risueña e emprendedora),. Xuntos podían pasar horas, días, semanas…
Pero, un día o Malvado Doutor Terrier roubará a única nube de Golulá e todo cambiará: a risa deixará de escoitarse, os ríos comezarán a secarse, os nenos terán sede…
Lara e Bunkaa comenzarán unha viaxe por terra, mar e aire chea de perigos para tentar salvar o seu país: Golulá.
OBXECTIVOS
- Fomentar o desenrolo da imaxinación e a creatividade.
- Entreter, educar e divertir ao público infantil.
- Educar en valores cívicos, familiares y sociais.
- Fomentar a lectura e a escrita.
- Inculcar o respecto e a escoita aos maiores.
- Axudar a afrontrar os medos e temores a través de personaxes fantásticos e ficticios pero cercanos.
- Aceptar e respectar as diferencias individuais (idade, sexo, características físicas, personalidade, etc.).
- Espertar o sentido do ritmo e a musicalidade nos máis pequenos.
- Espertar unha actitude de tolerancia e comprensión fronte a outras culturas.
- Coñecer e valorar o feito teatral cono medio de comunicación cultural e artístico.
Este espectáculo reúne os ingredientes necesarios para espertar dende o principio o interés do público infantil e adulto, sendo un importante elemento para unir á familia.